Universidade Federal do Río de Xaneiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Universidade Federal do Río de Xaneiro (en portugués: Universidade Federal do Rio de Janeiro), tamén denominada Universidade do Brasil, é un dos centros brasileiros de excelencia no ensino superior e na investigación e está entre as mellores institucións de América Latina.
Cunha alta produtividade científica, a investigación está entre o máis destacado da UFRJ, sendo unha das universidades iberoamericanas que máis artigos científicos publican: entre 2003 e 2008 foron máis de doce mil publicacións.
Foi a primeira institución oficial de ensino superior do Brasil (posúe actividades ininterrompidas desde 1792), coa fundación da Real Academia de Artilharia, Fortificação e Desenho, unha das escolas que virían a formar parte da universidade. Por ser a primeira universidade federal creada no país en 1920, serviu como modelo para todas as outras.

Ademais dos cursos de grao e de posgrao, comprende sete museos, entre os que destacan o Museo Nacional, oito hospitais universitarios, centos de laboratorios e máis de corenta bibliotecas.
A universidade está situada principalmente na cidade de Río de Xaneiro, con actuación en once municipios. Os seus principais campus son o histórico campus da Praia Vermella e a Cidade Universitaria, que alberga o Parque Tecnolóxico do Río -un complexo de desenvolvemento da ciencia, tecnoloxía e innovación. Hai tamén diversas unidades illadas na capital fluminense: a Escola de Música, a Facultade de Dereito, o Instituto de Filosofía e Ciencias Sociais, o Museo Nacional, o Observatorio do Valongo e o Colexio de Aplicación.
En Duque de Caxias foi implantado o Polo Avanzado de Xerém en colaboración co Instituto Nacional de Metrologia, Normalización e Calidade Industrial (Inmetro). Xa en Macaé foi deseñado un centro de investigación e ensino centrado nos potenciais ambientais e petrolíferos do norte fluminense.
En 2010, a institución alcanzou a nota máxima no Índice Xeral de Cursos do Ministerio de Educación do Brasil. Non sorprende, logo, que esta universidade sexa unha das grandes responsables da formación da elite intelectual brasileira.
Remove ads
Centros
A universidade divídese en "Centros" e en unidades independentes:
- Centro de Ciencias da Saúde (CCS), inclúe
- Instituto de Bioloxía (IB).
- Escola de Enfermagem Anna Nery (EEAN).
- Hospital Universitario Clementino Fraga Filho (HUCFF).
- Facultade de Farmacia (FF).
- Facultade de Medicina (FM).
- Facultade de Odotonloxía (FO).
- Escola de Educación Física e Deporte (EEFD).
- Centro de Ciencias Xurídicas e Económicas (CCJE) - (Leis e economía), inclúe
- Facultade de Administración e Ciencias Contábeis (FACC).
- Facultade de Directo (FD).
- Instituto de Economía (IE).
- Centro de Ciencias Matemáticas e da Natureza (CCMN) - (Ciencias)
- Instituto de Matemática (IM).
- Instituto de Física (IF).
- Instituto de Química (IQ).
- Instituto de Xeociencias (IGEO).
- Observatório do Valongo (OV)
- Centro de Filosofía e Ciencias Humanas (CFCH).
- Escola de Serviço Social (ESS).
- Instituto de Filosofía e Ciencias Sociais (IFCS).
- Instituto de Psicoloxía (IP).
- Facultade de Educación (FE).
- Centro de Letras e Artes (CLA) - (Artes e letras), inclúe
- Escola de Belas Artes
- Facultade de Letras (FL)
- Escola de Música
- Facultade de Arquitectura e Urbanismo (FAU)
- Centro de Tecnoloxía (CT).
- Escola Politécnica (POLI).
- Escola de Química (EQ).
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
- Museu Nacional (Brasil)
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads