Universidade de Berna

From Wikipedia, the free encyclopedia

Universidade de Berna
Remove ads

A Universidade de Berna é unha universidade que se atopa na capital de Suíza, Berna, fundada en 1834. Por estar localizada na rexión de lingua alemá do país, o seu nome oficial é Universität Bern, aínda que sexa frecuentemente designada polo seu nome francés, Université de Berne.

Datos rápidos Instancia de, Persoas e organizacións ...

A universidade é regulamentada e financiada polo Cantón de Berna. Entre algúns dos seus exalumnos máis salientables están o teólogo suízo Karl Barth e o filósofo alemán Walter Benjamin.

Remove ads

Reputación

A clasificación mundial de universidades de 2006 do Times Higher Education Supplement (THES), suplemento de educación do xornal inglés The Times, clasifica a Universidade de Berna como:

  • 7ª en Suíza
  • 214ª no mundo

Na Clasificación Académica das Universidades do Mundo (ARWU) de 2006, a Universidade de Berna foi, de acordo co sistema de clasificación:

  • 6ª en Suíza
  • 57ª-80ª na Europa
  • 151ª-202ª no mundo
Remove ads

Departamentos

A universidade ten arredor de 13.000 estudantes, inscritos en oito facultades distintas:

A Facultade Filosófico-Histórica é semellante a un departamento de Artes e Ciencias das universidades norteamericanas, con diplomas (Hauptfächer) nunha gran variedade de asuntos. A Facultade Filosófica-Científica restrínxese a ciencias como a Química e a Física. A Facultade Filosófica-Humanística foi fundada en 2005, e ofrece estudos nos campos da Pedagoxía, Educación Física e Psicoloxía. O departamento de Teoloxía Católica Antiga, na Facultade de Teoloxía, é o único lugar no mundo en estudar a teoloxía nesta denominación.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads