Unroch III de Friúl
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unroch III de Friúl, nado en 840 e finado en 874, foi marqués de Friúl desde 863 ata a súa morte.
Remove ads
Traxectoria
Orixes familiares
Fillo máis vello de Eberardo de Friúl e da princesa Xisela, neto de Lois o Piadoso.
Feitos sobresalientes
A distribución da propiedade do seu pai, feita pouco antes da súa morte, vaille supoñer, como primoxénito, obter todos os territorios da Lombardía e Xermania que estiveran en mans do seu pai. Malia todo, morreu novo aos poucos anos de herdar e o Marquesado pasou ao seu irmán Berengario.
Nupcias e descendentes
Casou con Ava, filla de Liutfrido, conde de Alsacia e da Lombardía e irmán da Emperatriz Ermengarda. Tiveron tres fillos:
- Unroch IV de Friúl (859-924), conde de Friúl.
- Eberardo de Sulichgau.
Tivo unha filla da que non sabemos o nome. Esta converteuse en relixiosa, pero no ano 887 foi secuestrada por Liutwardo de Verceil e obrigada a casar cun seu parente.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Le Jan, Régine (1995). Famille et pouvoir dans le monde franc (VIIe-Xe siècle). Paris: Publications de la Sorbonne.
- Perny, Guy (2004). Adalric, duc d'Alsace, ascendants et descendants. J. Do Bentzinger.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads