Upaon-Açu

From Wikipedia, the free encyclopedia

Upaon-Açumap
Remove ads

Upaon-Açu é unha illa brasileira no estado do Maranhão, cunha superficie de 1.410´015 km².[1] Forma parte do Arquipélago do Golfo Maranhense e é nela que se atopa a capital do Estado, San Luís de Maranhão.

Datos rápidos Tipo, Localización ...

O nome Upaon-Açu déronllo os tupinambas e significa "illa grande". Tamén foi chamada illa de São Luís. A denominación indíxena foi restabelecida pola constitución do Estado do Maranhão: Art. 8º - A cidade de São Luís, na illa de Upaon-Açu, é a capital do Estado.[2]

São Luís, xunto con Florianópolis e Vitória, son as capitais brasileiras que se encontran en illas, sendo São Luís a única con superficie totalmente comprendida nunha illa.

Alén de São Luís, localízanse na illa os municipios de Raposa, São José de Ribamar e Paço do Lumiar, que forman a Rexión Metropolitana de São Luís. Tamén na illa se localiza o Porto de Itaqui e o da Punta da Madeira, por onde son transportados principalmente ferro, cobre e bauxita extraídos de Carajás.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads