Valencia (morfosintaxe)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Valencia é un concepto morfosintáctico creado en 1959 por Lucien Tesnière para definir o potencial sintagmático dunha unidade lingüística de relacionarse con outras unidades.

Características

O concepto de valencia derívase da definición de valencia en química. Adoita usarse de tres modos:

  • aplicado especialmente ó verbo como núcleo da cláusula, aínda que tamén se pode falar de valencia de adxectivos e substantivos.
  • aplicado ó verbo atende preferentemente á valencia léxica.
  • aplicado ó verbo, non se consideran tódolos elementos que poden depender del, senón só os chamados actantes (suxeito, obxecto directo, obxecto indirecto, suplemento), non os circunstantes (C.C.)
Remove ads

Exemplo

  • "Vou alá". O verbo "ir" ten como valencia un só actante (o suxeito) (non se consideran os circunstantes); é un verbo "monovalente"
  • "Busqueiche o abrigo". O verbo buscar ten como valencia tres actantes (suxeito, obxecto directo, obxecto indirecto); é un verbo "trivalente"

Tipos de valencias

  • Valencia activa: capacidade de ser rexente de certas unidades nunha estrutura.
  • Valencia pasiva, capacidade de ser rexido nunha estrutura.
  • Valencia xeral: concepto que podemos atribuír ó potencial sintagmático dunha categoría gramatical.
  • Valencia léxica: concepto que podemos atribuír ó potencial sintagmático dun lexema particular).

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads