Vega de Pas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Vega de Pas é unha localidade e concello da comunidade autónoma de Cantabria, na comarca do Pas-Miera, na cabeceira do río Pas.
Remove ads
Localidades
Os seus 909 habitantes (INE, 2006) distribúense por:
- Candolías, 123 hab.
- La Gurueba, 82 hab.
- Guzparras, 22 hab.
- Pandillo, 173 hab.
- Vega de Pas (Capital), 311 hab.
- Yera, 133 hab.
Municipios limítrofes
Limita polo norte con Selaya, Villacarriedo e Santiurde de Toranzo, polo oeste con Luena e San Pedro de Romeral, polo leste con San Roque de Riomiera e polo sur con Espinosa de los Monteros da Provincia de Burgos (Castela e León).
Remove ads
Economía
Predomina o sector primario, cun 44,9 % da poboación empregada na agricultura e a gandería. Un 14,6 % da poboación emprégase na construción, un 10,8 % na industria e, por último, un 30,4 % no sector servizos.

Patrimonio
Os Edificios na leira do doutor Madrazo son Bens incluídos dentro do Inventario Xeral de Cantabria, segundo resolución publicada no Boletín oficial de Cantabria de 17 de febreiro de 2003.
Demografía
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.066 | 2.015 | 2.059 | 2.032 | 2.072 | 1.897 | 1.858 | 1.493 | 1.343 | 1.293 | 1.004 | 916 |
Fonte: INE
Administración
|
|
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vega de Pas |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads