Verderolo europeo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O verderolo europeo[2] (Chloris chloris)[3] é un paxaro presente en toda Europa, norte de África e suroeste de Asia. Aínda que se comporta en xeral como ave sedentaria, algunhas poboacións que viven nas zonas máis boreais da súa distribución, móvense cara ao sur no inverno.
Remove ads
Descrición
O verderolo é un paxaro —L. Vázquez[4] |
O verderolo europeo mide entre 14 e 16 cm de lonxitude. É de cor verde oliva, coas plumas das ás e a beira do rabo de cor amarela dourada. As femias e os exemplares novos son menos brillantes e teñen tons castaños no lombo. O peteiro é groso e cónico. Ten o rabo curto e a cabeza grande.
Remove ads
Distribución e hábitat
Ademais das zonas xa citadas o verderolo europeo foi introducido e está presente en Nova Zelandia, parte de Australia, e algúns países da América do sur, como o Brasil e a Arxentina.
As súas zonas de cría máis comúns sitúanse nas beiras de zonas de bosque, sebes e xardíns con vexetación relativamente mesta.
Reprodución
A súa época de cría vai de finais de abril a xuño. O niño ten forma de pratiño e constrúeno en sebes ou vexetación mesta. Poñen 5 ou 6 ovos abrancazados con manchas e puntos castaños escuros. A femia choca os ovos 13 ou 14 días e os dous membros da parella alimentan os polos.
Conduta e alimentación
O seu voo ondulante é moi característico. Na época nupcial o macho voa describindo círculos ó redor da femia, cantando sen parar.
Non teme a presenza humana. Fóra da época de cría pode xuntarse en bandos, ás veces mesturado con outras especies de frinxílidos. A base da súa alimentación son as sementes, aínda que pode alimentar as crías tamén con algúns insectos.
Galería de imaxes
- Cuculus canorus bangsi + Carduelis chloris
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads