Vilafranca del Penedès

concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia

Vilafranca del Penedèsmap
Remove ads

Vilafranca del Penedès é un municipio e cidade da provincia de Barcelona, en Cataluña (España), capital da comarca do Alt Penedès. É coñecida a nivel internacional polos seus viños espumosos (o cava catalán).

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Thumb
Basílica de Santa María de Vilafranca del Penedès
Remove ads

Historia

O municipio ten as súas orixes no século XII. Pódense atopar numerosos edificios de orixe medieval como a Basílica de Santa Maria, o Palau dels Comtes Reials, o Palau Baltà e o Palau Macià.

Tamén hai edificios modernistas de finais do século XIX e principios do XX ao longo das ramblas de Vilafranca del Penedès. Outro exemplo de arquitectura modernista é a fachada do Concello na Praza da Vila.

No centro da cidade pódense atopar algunhas igrexas góticas, edificios modernistas, un amplo centro comercial ao aire libre, unha grande oferta e cultura gastronómica, así como a visita ao Museo de Vilafranca (onde tamén se atopa o Museo do viño), e onde se explica ao visitante o proceso de elaboración do cava, así como a súa historia e a súa relación co municipio.

Os últimos presidentes do Museo de Vilafranca foron César Martín e, actualmente, Josep Soler.

Remove ads

Demografía

O municipio está formado por 5 entidades de poboación: El Bordellet (9 hab.), El Molí d'en Rovira (166 hab.), Perepau (87 hab.), Les Salines (85 hab.) e Vilafranca del Penedès (35.517 hab.).

Evolución demográfica
1900193019501970198120002006
7.7499.82211.17717.54625.02030.02436.687

Lugares de interese

  • Casa Miró
  • Casa Fortuny
  • Casa Guasch
  • Igrexa de Santa Maria
  • Palau Reial
  • Capela de Sant Pelegrí
  • Capela dels Dolors
  • Igrexa de SAnt Joan
  • Casa da Vila

Festividades

Do calendario festivo pódense destacar as Feiras de Maio, as festas de barrio durante os meses de xullo e agosto, e a Festa Maior a finais de agosto declarada de interese nacional.

Localidades irmandadas

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads