Villa Savoye

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Villa Savoye é un edificio situado en Poissy, preto de París, construído en 1929 e proxectado por Le Corbusier, un dos arquitectos máis influentes do século XX.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...

Está considerada como o paradigma da Arquitectura Internacional e do novo xeito de construír vivendas do século XX, xunto coa Casa Farnsworth de Ludwig Mies van der Rohe, a Casa da fervenza de Frank Lloyd Wright e a Vila Mairea de Alvar Aalto. Considérase tamén o paradigma dos Cinco Puntos para unha nova Arquitectura desenvolvidos polo propio Le Corbusier, que consisten en:

  • Edificio que descansa sobre pilotis (columnas) na planta baixa, deixando a superficie na súa maioría libre para permitir que a paisaxe quede autónoma do edificio. Tamén para xerar un espazo de transición entre o edificio e os elementos circundantes.
  • Cuberta plana, sobre a que se sitúa un xardín (para unha completa vida da persoa dentro do edificio).
  • Espazo interior libre, debido á estrutura baseada en piares e tabiques. Decoración a base do cromatismo.
  • Fachada libre de elementos estruturais, de forma que pode deseñarse sen condicionamentos.
  • Ventás corridas nas fachadas para conseguir unha profusa iluminación natural no interior (fenêtre en longeur).
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads