Viva Tu (álbum de Manu Chao)

álbum de Manu ChaO From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Viva Tu é o quinto álbum de estudio en solitario do cantautor Manu Chao, e o primeiro álbum de estudio do cantante en 17 anos dende o lanzamento de La Radiolina en 2007,[1] lanzado o 20 de setembro de 2024. As cancións están en linguas como castelán, francés, portugués e inglés.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Historia e contexto

Tralo lanzamento de La Radiolina en 2007, Manu Chao enfocouse en xiras e sinxelos ocasionais, así como en colaboracións con outros artistas e proxectos sociais. En 2023, publicou "Inna Reggae Style", unha recompilación de dez cancións que lanzara anteriormente xunto a Chalart58. En 2024, Manu Chao regresou ao panorama musical co sinxelo "Viva Tu," unha rumba dedicada aos seus veciños de Barcelona, marcando o inicio dunha nova etapa na súa carreira.

Remove ads

Composición e produción

O álbum inclúe 13 cancións inspiradas nas viaxes e experiencias cotiás de Manu Chao, cantadas en castelán, francés, portugués e inglés. O sinxelo "Viva Tu" reflicte temas de autoaceptación e simplicidade da vida cotiá.[2] "São Paulo Motoboy," o segundo sinxelo lanzado en xuño de 2024, é unha homenaxe aos repartidores de São Paulo.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads