Vulva

From Wikipedia, the free encyclopedia

A vulva é a parte externa do órgano xenital feminino. Externamente pode ser revestida por pelos pubianos.[1] Está constituída polos grandes labios (labia majora), revestidos internamente por tecido muscular. Enseguida hai un par de pregas mais finas, os pequenos labios (labia minora), que poden ou non estar incluídos nos grandes labios. No interior dos labios encóntrase o clítoris, o orificio urinario (abertura da uretra) e o orificio xenital (abertura da vaxina).

Datos rápidos Identificadores, MeSH ...
Vulva
vulva
Thumb
 Instancia de
 Parte de
 Drenaxe linfática
 Irrigado por
 Drenado por
 Inervado por
Identificadores
MeSHD014844
Thesaurus do NCIC12408
TA 98A09.2.01.001
CIE-11475546725
MedlinePlus002343
OpenAlexC2776316342 e C2911206564
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Redes
Wikidata C:Commons
Pechar

Histoloxía

A vulva posúe pequenos labios e grandes labios con tecido conxuntivo no medio, sendo que nos grandes labios existe mais tecido adiposo que nos pequenos.

Existen glándulas de Bartholin que xeran un problema anatopatolóxico: son glándulas grandes cun único ducto excretor. A glándula é acinosa e serosa.

Cando se dá un traumatismo nese tubo e se produce un edema, a secreción fica comprimida e a muller ten unha “bartolinite”. Nalgunhas doenzas como a gonorrea ese epitelio é traumatizado, a glándula fica inflamada e causa bartolinite. O ducto excretor desa glándula está na base dos pequenos labios.

O clítoris é un gran corpo cavernoso ou un corpo esponxoso que en realidade é un amontoado de vasos capilares de paredes con fiestras, de forma que cando entra sangue neses vasos, o clítoris entumécese.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.