With Teeth

álbum de Nine Inch Nails From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

With Teeth é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 27 de abril do 2005 a través do selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda Trent Reznor e polo seu vello colaborador Alan Moulder. Foi o primeiro álbum de estudio orixinal de Reznor dende a aparición de The Fragile en 1999. With Teeth converteuse nun inmediato éxito comercial, estreándose no número 1 da lista Billboard 200 e vendendo 272.000 copias na súa primeira semana. O álbum xerou tres sinxelos: "The Hand That Feeds", "Only" e "Every Day Is Exactly the Same", acadando os tres o número 1 da lista da Billboard Hot Modern Rock Tracks.

Datos rápidos Álbum de Nine Inch Nails, Publicado ...
Remove ads

Listaxe de cancións

Todos os temas escritos e interpretados por Trent Reznor.

Máis información N.º, Título ...
Máis información Cancións extra, N.º ...

O tema "Home" foi orixinalmente unha cara-B de "The Hand That Feeds". Nas versións en CD a canción foi colocada despois do último tema, no vinilo aparece despois de "Sunspots". A versión británica tamén contén un tema adicional, unha versión alternativa de "Right Where it Belongs", e a versión xaponesa trae tamén esta versión alternatica xunto cunha remestura de "The Hand That Feeds" feita por Photek, facendo un total de 16 cancións.

Foron gravados dous temas máis para o álbum, "Non-Entity" e "Not So Pretty Now", que non serían editados. Trent Reznor posteriormente no EP NINJA 2009 Tour Sampler.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads