Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1943 (80 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Xaquín Marín |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | debuxante de banda deseñada , debuxante |
Lingua | Lingua galega |
Premios
| |
Traxectoria
Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais como La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Gábrovo e conta con dúas Paletas de Agromán no seu haber. Dirixiu o Museo do Humor de Fene. No 2013 foi distinguido co premio Bo e Xeneroso da AELG.
Obra publicada
Banda deseñada e humor gráfico
- 2 viaxes, con Reimundo Patiño, 1975, Brais Pinto, Madrid.
- Ratas, 1977, Madrid. Segunda edición en 2006 en Edicións Embora.
- Gaspariño, 1978, Edicións do Rueiro.
- Alcacén para gaitas, 1980, Ediciós do Castro.
- Gaspariño 2, 1982, Xerais.
- Dos pés á testa, 1986, Galaxia.
- Conta atrás, 1988, Ediciós do Castro.
- Cen pés, 1996, Ediciós do Castro.
- Feito á man, 1997, Xunta de Galicia.
- Trinta e tantos con Xaquín Marín, 2001, edición do autor.
- Cen + cen pés, 2007, Embora.
- O lecer de Isolino, 2008, Embora.
- As dúas viaxes de Xaquín Marín, 2010, El Patito.
Ensaio
Literatura infanto-xuvenil
Obras colectivas
- O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro, de Félix Caballero, 2012, Morgante.
Galardóns
- Premios da Crítica Galicia de Artes Plásticas e Visuais no 2015.
- XII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña en 2021.[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.