Xbox
consola de videoxogos da Microsoft From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Entre as características principais da consola, pódese recalcar que foi a primeira en estar equipada cun disco duro para o almacenamento de xogos salvados, memoria caché durante o xogo e descarga de contido adicional a través de Xbox Live.
Remove ads
Situación de mercado
Desde a súa saída tivo un grande éxito en América e Europa, pero foi superada por PlayStation 2 no Xapón.
Xbox foi primeira en vendas no Reino Unido e outros países como México, Australia e Nova Zelandia. Foi segunda en vendas no mercado de Estados Unidos e Porto Rico. No resto dos países europeos foi terceira en vendas, moi preto da Nintendo GameCube.
Dise que a estratexia de Microsoft non era o beneficio senón a penetración no mercado das videoconsolas, principalmente o mercado estadounidense, entón dominado por Sony e Nintendo.[Cómpre referencia]
Remove ads
Videoconsolas competidoras
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xbox |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial da Xbox (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
