Anxa

nome feminino From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Anxa[1][2] é un nome propio feminino galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". En galego tamén ten as variantes Xela e Anxela, e os hipocorísticos Xeluca e Xelucha.[2]

Datos rápidos

En xaneiro de 2023 existían 16 mulleres en Galicia co nome Anxa, cunha media de idade de 24,1 anos,[3] 317 co nome Anxela, cunha media de idade de 25 anos[4] e 210 co nome Xela, cunha media de idade de 11,6 anos.[5]

Remove ads

Historia

A orixe do nome provén da advocación de Nosa Señora dos Anxos. A advocación xurdiu a raíz dun fenómeno atmosférico insólito producido un verán de moita seca que os fieis interpretaron como unha nevarada en pleno mes de agosto.[6]

Santoral

4 de xaneiro: Santa Anxa: natural de Foligno, viviu no século XIII. 27 de xaneiro: Santa Anxa de Mericí: franciscana, viviu no século XV. 2 de outubro: Santos Anxos Custodios. 5 de novembro: Santa Ánxela da Cruz, Sevilla. 14 de decembro: Santa Anxa de Urbina e Antezana

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads