Xeración

todas as personas que nacen e viven máis ou menos ao mesmo tempo, considerada en conxunto From Wikipedia, the free encyclopedia

Xeración
Remove ads

En xenealoxía coñécese como xeración ao total de seres que forman parte da liña de sucesión anterior ou posterior dun individuo de referencia. Ao tomarse como punto de partida a un determinado individuo considérase como a primeira xeración; os seus sucesores denomínanse a segunda xeración, e os sucesores destes considéranse terceira xeración, e así sucesivamente. Nas listas xenealóxicas é frecuente designar as xeracións cun número romano.

Thumb
Cinco xeracións dunha familia, desde o bisneto á bisavoa.

Tamén se utiliza o termo xeración para denominar o conxunto de persoas que, por naceren en datas próximas e recibido educación e influxos culturais e sociais semellantes, compórtanse de maneira afín ou comparable nalgúns sentidos. Algúns exemplos son a xeración xuvenil, a xeración da guerra ou a xeración do 98.

Outra acepción usual do termo xeración corresponde a cada unha das fases dunha técnica en evolución, en que se achegan avances e innovacións respecto á fase anterior. Así, dise ordenadores de quinta xeración.

Remove ads

Diferenza xeracional en demografía

A diferenza xeracional, duración xeracional ou intervalo xeracional é a media da diferenza de idade de todos os fillos con respecto ao pai ou nai. Con respecto ás diferenzas de idade entre a muller e o home nun enlace familiar, adoita ser a diferenza xeracional con respecto ao pai maior que con respecto á nai.

En demografía a diferenza xeracional é unha das variables para a descrición do comportamento xerativo, o cal tamén xoga un papel importante nos prognósticos de poboación.

Remove ads

Xeracións en socioloxía

O sociólogo alemán Karl Mannheim realizou en 1928 contribucións importantes á socioloxía do coñecemento co seu concepto de xeración, que non comprendía 30 anos como se consideraba ata entón, senón que se caracterizaba por acontecementos xeracionais, é dicir, feitos que marcaron a nenez e a mocidade e que terán unha influencia no resto da vida. Para a súa análise sociolóxica do problema das xeracións Mannheim sérvese por un lado da dirección positivista de David Hume e Auguste Comte, que intentou buscar intervalos fixos e cuantificados de 30 anos, que se sucedían; pero por outro lado faise tamén eco da interpretación de xeración das escolas históricas do Romanticismo, que se baseaban nos movementos intelectuais que se experimentaban interiormente, como é o caso da historia da arte.[1]

Mannheim diferenciou entre situación xeracional, contexto xeracional e unidade xeracional. A situación xeracional é un termo xeral que se refire ao nacemento nun determinado período histórico social[2] e é un requisito para poder falarse de contexto xeracional ou unidade xeracional. Denomínase contexto xeracional á unión que se dá ao participar nun destino común e nas correntes intelectuais do momento.[3] Un contexto xeracional agrupa varias unidades xeracionais. Os membros das unidades xeracionais están unidos de forma máis próxima, dado que experimentan as correntes intelectuais da mesma maneira: comparten as intencións fundamentais e os principios de formación, que os socializan dentro dun grupo e son causantes de que a reacción nas correntes do tempo sexa idéntica.[4]

Tensión xeracional

Como xa se comentou, as diferenzas na forma de vivir ou pensar entre as xeracións poden ser moi distintas se os influxos culturais e socias que lles afectaron tamén o foron.

Norman Ryder (1965) estudou a socioloxía das discordancias entre xeracións ao suxerir que a sociedade "persiste a pesar da mortalidade dos seus membros individuais, por procesos de metabolismo demográfico e particularmente a infusión anual de cohortes de nacementos". Argumentou que as xeracións poden ás veces ser unha "ameaza á estabilidade" pero ao mesmo tempo representan "a oportunidade das transformacións da sociedade".[5] Ryder tratou de comprender as dinámicas que actúan entre as xeracións.

Amanda Grenier (2007) ofreceu outras posibles explicacións de por que existen as tensións xeracionais. Grenier afirma que as xeracións desenvolven os seus propios modelos lingüísticos que contribúen á falta de comprensión entre as cohortes de idade: "existen diferentes modos de falar exercidos polas persoas vellas e novas, e pode ser parcialmente explicada polos puntos de referencia históricos sociais, as experiencias culturalmente determinadas, e as interpretacións individuais".[6]

Como xa se mencionou, Karl Mannheim (1952) cría que a xente era modelada polas experiencias vividas como resultado do cambio social. Howe e Strauss tamén escribiron sobre as semellanzas das persoas dunha mesma xeración que as atribuían ao cambio social. Baseándose no modo en que estas experiencias vividas dan forma a unha xeración en canto aos valores, o resultado é que a nova xeración cambiará os valores das vellas xeracións, o que ten como resultado a creación dunha tensión. Este desafío entre xeracións e a tensión que xorde é definitorio para comprender as xeracións e o que as separa.[7]

Remove ads

Xeracións de copias

Tamén se utiliza o termo para técnicas de reprodución, onde unha copia se crea a partir doutra orixinal, por exemplo no caso de películas, fitas de casete ou fotocopias. A primeira xeración é a orixinal, a copia desta é a segunda xeración, a copia da copia a terceira xeración, e así sucesivamente. Dado que a calidade diminúe polos procesos de copia dunha xeración a outra, é importante manter a calidade de xeracións o mellor posible.

Xeracións en bioloxía

Igual que en xenealoxía, fálase de xeración en bioloxía para referirse aos membros dunha liña de sucesión. Porén, neste caso pódese dar un alternancia de xeracións, cando a unha xeración con ambos os sexos con reprodución sexual, lle sucede unha xeración asexual, e a esta, de novo unha con ambos os sexos. Pódese falar tamén de nova xeración cando esta é asexual e se produce a partir doutra por reprodución asexual, o que desde o punto de vista xenético se denominaría clon. As características xenéticas das sucesivas xeracións van cambiando debido a diversos procesos, o que é a base da evolución. Nos cruzamentos xenéticos fálase de xeración parental ou P, que é a inicial no exemplo considerado, que despois procrea a 1ª xeración filial ou F1, e esta a 2ª xeración filial ou F2 (netos de P) etc.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads