Xeranilxeranilación
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A xeranilxeranilación é unha forma de prenilación, que é unha modificación postraducional de proteínas que implica a unión dunha ou dúas unidades do isoprenoide de 20 carbonos lipófilo xeranilxeranilo procedentes do xeranilxeranil difosfato que pasan a un ou dous residuos de cisteína no C-terminal dunha determinada proteína. A prenilación (incluída a xeranilxeranilación) pénsase que funciona, polo menos en parte, como unha áncora nas membranas para as proteínas.[1]
O proceso da xeranilxeranilación pode ser catalizado pola xeranilxeranil transferase I (GGTase I) ou pola GGTase Rab (tamén chamada GGTase II). A GGTase I cataliza a adición dun grupo xeranilxeranilo á secuencia consenso C-terminal CAAL (bastante similar ás reaccións da farnesiltransferase), onde C=cisteína, A=calquera aminoácido alifático, e L=leucina. A GGTase Rab engade un total de dous grupos xeranilxeranilo a dous residuos de cisteína na secuencia consenso C-terminal CXC ou XXCC. A fonte do grupo xeranilxeranilo é o xeranilxeranil difosfato, o cal é sintetizado pola GGPS1 dentro da vía biosintética isoprenoide.[2]
Un exemplo disto pode verse na ancoraxe lipídica da familia GTPase Rho de moléculas de sinalización e a subunidade gamma de proteínas G heterotriméricas.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads