Xogos Olímpicos de 1984
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.
A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receo xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.
A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.
Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após o seu termo, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.
Remove ads
Boicot
Despois dos Xogos Olímpicos de 1980, que foran boicoteados polos Estados Unidos e varios países do bloque capitalista, foi a quenda da Unión Soviética, Cuba, Alemaña Oriental e demais países do Pano de Aceiro e do mundo comunista para boicotearen os Xogos dos Ánxeles. Os soviéticos alegaron falta de seguranza ós seus atletas, e anunciaron súa decisión de non competir nos Xogos o 8 de maio de 1984.
Remove ads
Modalidades disputadas

Cadro de medallas
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads