Lingua yiddish
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O yiddish,[1][2] tamén coñecido como xudeualemán,[3] é unha das linguas empregadas polo pobo xudeu. A súa orixe non está clara pero crese que saíu da fusión entre dialectos hebreos e linguas xermánicas. O yiddish, ao revés que o hebreo, foi amplamente usado pola poboación xudía asquenací para a vida diaria (o hebreo era reservado para a liturxia). Co renacemento da lingua hebrea a principios do século XX dentro dos movementos sionistas, o yiddish comezou a ser deixado de lado. Aínda que no estado de Israel as linguas oficiais son o hebreo e o árabe, o yiddish segue a ter o seu grupo de falantes hoxe en día. O yiddish está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads