Yip Man
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Yip Man (tamén coñecido como Yip Kai-Man), nado o 1 de outubro de 1893 en Foshan e finado o 2 de decembro de 1972 en Hong Kong, foi un mestre chinés das artes marciais. Tivo un gran número de discípulos que máis tarde se converterían tamén en mestres, como o famoso Bruce Lee.
Remove ads
Biografía

Iniciou a súa aprendizaxe do Wing Chun con Chan Wah-shun e rematou o seu adestramento con Sibak Leung Bik. Yip Man foi o primeiro mestre en ensinar abertamente a arte marcial do Wing Chun. Fíxoo cando tiña 55 anos como unha forma de gañar a vida na cidade de Hong Kong, onde tivo múltiples alumnos que, á súa vez, difundiron a arte por todo o mundo. É famoso entre outras cousas porque foi o mestre de Bruce Lee e estivo considerado como o mellor mestre de artes marciais do mundo. Da súa morte sábese que Lun Kai, un dos seus discípulos que o fora visitar, atopouno morto na súa residencia. O seu corpo descansa nun antigo cemiterio de Hong Kong, onde practicantes de todo o mundo o visitan para prestarlle homenaxe.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads