Yurii Vynnytskyi
Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Yurii Vynnytskyi (en ucraíno: Юрій Винницький; en polaco: Jerzy Winnicki; en belaruso: Юрый Вінніцкі), nado o 24 de xullo de 1660 en Przemyśl (Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 22 de setembro de 1713 en Strashevychi, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1710 até a súa morte.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Remove ads
Traxectoria
En 1691 aceptou a unión de Brest, pasando a estar en comuñón coa Igrexa Católica.
O 12 de abril de 1700 foi elixido bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, e no mesmo mes profesou na Orde de San Basilio Magno.
O 2 de maio de 1700 foi ordenado sacerdote polo bispo de Chełm Hedeon Voina-Oranskyi, e o 6 de xuño recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Lev Zalenskyi.
En 1707 foi nomeado administrador da eparquía de Mukacheve, o 14 de agosto de 1708 foi nomeado administrador das eparquías de Kíiv e de Volodymyr e Brest, e o 28 de agosto da de Lviv.
En 1710 renunciou como administrador de Mukacheve e de Lviv. O 7 de maio de 1710 foi elixido metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus. En 1711 renunciou como administrador de Volodymyr e Brest.
Finou no cargo o 22 de setembro de 1713.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads