Zhuang Zi

filósofo da antiga China From Wikipedia, the free encyclopedia

Zhuang Zi
Remove ads

Zhuangzi (chinés tradicional: 莊子; chinés simplificado: 庄子; pinyin: Zhuāngzǐ; Wade-Giles: Chuang1 Tzu3) foi un famoso filósofo da antiga China que viviu no século IV a. C.. O seu nome de nacemento era Zhuang Zhou (莊周, Zhuāng Zhōu). Naceu na cidade de Meng, no reino de Song (hoxe Shāngqiū 商邱, Henan). Considérase un dos pensadores taoístas máis importantes, xunto con Laozi.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Zhuangzi viviu durante a época clásica do pensamento chinés, o período dos Reinos Combatentes, no que floreceron as chamadas Cen Escolas. Foi contemporáneo de figuras como Mencio ou Hui Shi, co que sostivo frutíferas polémicas filosóficas.[2][3] A súa obra tivo unha enorme influencia no desenvolvemento do budismo chan ou zen, varios séculos despois da súa morte.[1] Tamén inspirou a literatos, como o poeta xaponés Matsuo Bashō.[4]

Remove ads

Traxectoria

A principal fonte sobre a vida de Zhuangzi é un breve fragmento do capítulo 63 do Shiji 史記 de Sima Qian, e a maior parte da información que contén parece provir de anécdotas narradas no propio Zhuangzi.[5][6] Nesta biografía, o autor é descrito como un oficial de baixo rango da cidade de Meng (na actual Anhui), no reino de Song, que viviu nos tempos do rei Hui de Liang e do rei Xuan de Qi (finais do século IV a.C.).[7] Sima Qian indica que Zhuangzi estivo moi influenciado por Laozi, e que rexeitou unha oferta de traballo do rei Wei de Chu porque valoraba a súa liberdade persoal.[8]

A existencia histórica de Zhuangzi foi posta en dúbida por diversos estudosos, entre os que se inclúe o estadounidense Russell Kirkland, quen afirma que non hai evidencia histórica sólida sobre esta figura, agás a dispoñible a través dun comentador do século III, Guo Xiang.[9]

Remove ads

O Zhuangzi

O libro que leva o seu nome, o Zhuangzi, foi escrito ao longo dos anos por diversos autores, que compartían estilo e afinidades intelectuais.[1] Porén, atribúenselle con seguridade os sete primeiros capítulos (chamados 內篇 nèi piàn, "capítulos interiores"), que son cronoloxicamente anteriores ao resto da obra e parecen escritos pola mesma man.[1] O resto da obra, os dezaseis "capítulos exteriores" (外篇, wài piàn) e os dez "capítulos misceláneos" (雜篇, zá piàn), pertencen aos seus discípulos ou a autores posteriores.[1]

Remove ads

Traducións

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads