Zimbabwe

país ao sur de África From Wikipedia, the free encyclopedia

Zimbabwemap
Remove ads

Zimbabwe[1][2][3][4] ou Cimbabue[5][6] (en inglés: Zimbabwe), oficialmente República de Zimbabwe (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur de África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Suráfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele do norte.

Datos rápidos Himno, Lema ...

En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Suráfrica.

O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Zimbabwe.

Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos.[7][8] Tamén se dá a fraude electoral[9] entre intimidacións varias,[10] que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.[11]

Remove ads

Etimoloxía

A verba Zimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" na lingua shona.[12] O seu uso como nome do país é polo Gran Zimbabwe.

Goberno e política

Zimbabwe é unha república parlamentaria. O sufraxio é universal para todos os maiores de 18 anos. O presidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. O parlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unha cámara alta, o Senado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de 2005.[13]

O partido de Robert Mugabe, Unión Nacional Africana de Zimbabwe-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, gañando sempre as eleccións.[14] As eleccións de 1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que o Zimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición de Edgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de 2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.[15] As seguintes eleccións celebráronse o 20 de marzo de 2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións.[16]. En 2017, Mugabe dimitiu tras un golpe de Estado que levou ao poder a Emmerson Mnangagwa.[17] Mnangagwa gañou as eleccións presidenciais de 2018.[18]

Tanto a Unión Europea como Estados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente, Robert Mugabe, pola violación dos dereitos humanos.

Remove ads

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Zimbabwe.
Thumb
Mapa das provincias do Zimbabwe, numeradas.

Cimbabwe divídese en oito provincias e dúas cidades con estatuto de provincia:

  1. Bulawayo (cidade)
  2. Harare (cidade)
  3. Manicaland
  4. Mashonaland Central
  5. Mashonaland Este
  6. Mashonaland Oeste
  7. Masvingo
  8. Matabeleland Norte
  9. Matabeleland Sur
  10. Midlands

Economía

Artigo principal: Economía de Zimbabwe.

O goberno de Zimbabwe enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta de divisas, hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de 1998 a 2002 na República Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.[19] O necesitado apoio do FMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa de inflación incrementouse dun 32% por ano en 1998 a un 586% a finais de 2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do 2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares Zimbabwenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Zimbabwe ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de 2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30 000 000 de dólares Zimbabwenses. En xullo de 2008 a inflación oficial chegou a 2 200 000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9 000 000% ao ano.[20] Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños de Botswana, Suráfrica e Zambia.

As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.[21] Zimbabwe é o país que mantén a relación comercial máis importante con Suráfrica no continente africano.[22] A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano 2000.[23][24][25] A Zimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de 2007 que estimaba a morte dun 60% da biosfera salvaxe do país desde 2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.[26]

En 2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco Central Gideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.[27] En xaneiro de 2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.[28] Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Zimbabwe.[29][30]

En agosto de 2006 púxose en circulación un novo dólar Zimbabwense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos por dólar estadounidense en 1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense[31] ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de 2007.

En xullo de 2008, o Banco Central de Zimbabwe puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares Zimbabwenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.[32]

A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada na agricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores de cromo.

Máis información Data, Nome en galego ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads