Zitkala-Ša
escritora, editora, violinista e activista dakota From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Zitkala-Ša (en dakota: "paxaro vermello"), nada o 22 de febreiro de 1876 e finada o 26 de xaneiro de 1938,[1] era unha escritora, editora, música, mestra e activista síux, tamén coñecida polo seu nome cristián Gertrude Simmons Bonnin. Escribiu varias obras nas que relatou os seus problemas identitarios na mocidade e a división entre a cultura maioritaria e a súa herdanza nativa americana. Os seus derradeiros traballos en inglés levaron as historias tradicionais do seu pobo ós lectores brancos por primeira vez na historia.
Con William F. Hanson, Bonnin compuxo a primeira ópera nativa americana, The Sun Dance (composta baseándose no estilo do pobo ute e en temas síux), que foi estreada en 1913.[2] Fundou o Consello Nacional dos Indios Americanos en 1926 co obxectivo de loitar polos dereitos civís dos nativos. Serviu como presidenta até a súa morte en 1938.[3]
Remove ads
Obra traducida ao galego
- A infancia perdida, Colección "Indomeables", autoedición, 2020. Tradución e edición de María Reimóndez.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads