agulla

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

agulla (sg: agulla; pl: agullas)

  1. Ferramenta puntiaguda que se emprega para coser, bordar ou tecer e que, agás as de facer punto, posúe un ollo por onde se pasa o fío.
  2. (Medicina) Barriña puntiaguda e oca, cortada a bisel, empregada normalmente cunha xeringa para inxectar substancias no corpo (Agulla hipodérmica).
  3. Puga de metal que se move sobre un plano.
    • Exemplo: Os reloxos teñen xeralmente tres agullas, mentres que os compases só unha.


  1. (Arquitectura) Chapitel estreito e alto con forma de punta.
  2. (Arquitectura) Cada unha das dúas pezas verticais (formada á sua vez por unha ou máis pezas) que delimitan lateralmente o van dunha porta ou ventá e sosteñen o lintel ou o arco que as pecha superiormente.
  3. Parte do lombo dos animais, próxima á cabeza, onde se xuntan os membros anteriores co espiñazo.
  4. (Alimentación) Por extensión, peza de carne que se extrae da rexión anterior e da musculatura dorsolateral do pescozo.
    • Exemplo: A carne de agulla é pouca e sabe ben, mais non é para quen fillos ten.


  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe da familia dos belónidos, de corpo longo e estreito e coas mandíbulas moi afiadas.
  2. Raíl móbil que permite o cambio de vía dun tren ou panca e aparello que produce tal cambio.
  3. Punzón que provoca a detonación do fulminante ó bater na parte posterior do cartucho.
  4. (Mariña) Aparato destinado a rexistrar a dirección da quilla dun barco.
  5. (Topografía) Pequenos elementos auxiliares utilizados para marcar transitoriamente no terreo puntos que forman parte dunha medición maior.

Traducións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads