bloque

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

bloque
(sg: bloque; pl: bloques)

  1. Anaco grande dun material sólido.
    • Exemplo: Os canteiros traballaron nun bloque de granito.


.

  1. Peza compacta en forma de paralelepípedo rectángulo.
    • Exemplo: Bloque de formigón.


.

  1. Conxunto de cousas que se consideran unha masa única.
    • Exemplo: O escritor tiña na mesa do despacho un bloque de folios.


.

  1. Agrupación de partidos políticos, países ou asociacións.
    • Exemplo: O Bloque do Leste


.

  1. Conxunto de cousas con algunha característica común.
    • Exemplo: Os periodistas presentaron ao ministro, por escrito, un bloque de preguntas.


.

  1. Conxunto de elementos que constitúen unha parte compacta dun aparello electrónico.
    • Exemplo: Teño que cambiar o bloque de alimentación do ordenador.


.

  1. Edificio illado de certa altura e varias plantas de similares características, que adoita formar parte dunha urbanización.
    • Exemplo: Compramos un piso no novo bloque de vivendas.


.

  1. Conxunto de andares que constitúen un edificio.
    • Exemplo: Vive no terceiro do meu bloque.


.

  1. (Tecnoloxía) Nos motores de combustión interna, peza que contén os cilindros e os circuítos da auga e o aceite.
    • Exemplo: Rompeu o bloque do meu coche, teño que chamar ao amigo do taller.


.

Termos relacionados

en bloque

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads