colocar

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Verbo transitivo

colocar

  1. Poñer a alguén ou a algo no seu debido lugar, con coidado ou dunha determinada maneira.
    • Exemplo: Coloquei os pratos lavados no seu andel. O tenente colocou aos soldados nun lugar estratéxico


.

  1. Proporcionar un emprego a alguén.
    • Exemplo: Colocou ao seu sobriño na súa empresa


.

  1. (Figurado) Procurar a alguén unha posición ou emprego que lle permita vivir máis ou menos ben.
    • Exemplo: Colocou ben a todos os seus sobriños


.

  1. Encontrar mercado para algún produto.
    • Exemplo: Puido colocar as súas conservas en todos os supermercados do país


.

  1. Investir diñeiro.
    • Exemplo: Colocou seus aforros en accións de bancos e de eléctricas


.

  1. (Coloquial) Dito do alcohol ou dunha droga prohibida, causar un estado de euforia a alguén.
    • Exemplo: Estaba tan colocado que non se decataba de nada


.

  1. (Coloquial) e (Figurado) Conseguir que alguén acepte unha cousa que é difícil vender ou da que é difícil desfacerse.
    • Exemplo: Por fin coloquei aquel sofá tan horrible


.

Observacións

  1. Naacepción son antónimos descolocar e desordenar.
  2. Naacepción é sinónimo empregar.
  3. Naacepción é sinónimo vender.
  4. Naacepción é sinónimo investir.
Remove ads

Verbo pronominal

colocar

  1. Coller unha persoa emprego nalgún lugar.
    • Exemplo: Colocouse nun banco


.

  1. (Coloquial). Dito dunha persoa, poñerse baixo os efectos do alcohol ou dunha droga prohibida.

Observacións

  1. Naacepción é sinónimo empregarse.

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads