combinar

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Verbo transitivo

combinar

  1. Unir cousas diversas de maneira que formen outra cousa distinta ou un composto.
    • Exemplo: Combinar bebidas para facer un cóctel. A cor laranxa resulta de combinar a vermella e a amarela.


  1. Poñer dúas ou máis cousas en harmonía.
    • Exemplo: Miña filla sabe combinar ben a roupa. O pintor combinou as cores para que o cadro resultase pouco rechamante.


  1. (Deportes) Dito de varios xogadores dun mesmo equipo, especialmente de fútbol, baloncesto, etc., pasarse o balón.
    • Exemplo: O adestrador insiste moito en que os xogadores combinen ben.


  1. (Química) Unir dúas ou máis substancias en proporcións determinadas, para formar outra nova con propiedades distintas.
    • Exemplo: Combinei un ácido cunha base para formar un sal.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads