cruceiro
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
cruceiro1
Pronuncia: /kɾuˈθejɾo̝/ (AFI)
Substantivo masculino
cruceiro (sg: cruceiro; pl: cruceiros)
- (Escultura) Cruz de pedra, levantada normalmente nas encrucilladas ou no adro das igrexas, sobre una columna (tamén chamada fuste ou varal) chantada sobre unha plataforma de chanzos e unha base normalmente cuadrangular. Adoita ter esculpidas figuras na cruz (Cristo na cara anterior e a Virxe na posterior) e, por veces, tamén no fuste.
- Exemplo: Sempre se persignaba ó pasar diante do cruceiro da parroquia.
- Exemplo: Sempre se persignaba ó pasar diante do cruceiro da parroquia.
- Termos relacionados: cruceiro de capela, calvario, viacrucis.
- (Arquitectura) Nave da igrexa que cruza transversalmente a nave central.
- Exemplo: As fachadas de Praterías e da Acibechería pechan o cruceiro da catedral polo sur e polo norte, respectivamente.
- Exemplo: As fachadas de Praterías e da Acibechería pechan o cruceiro da catedral polo sur e polo norte, respectivamente.
- Sinónimos: transepto.
- (Arquitectura) Espazo da igrexa formado polo cruzamento da nave central e a transversal.
- Exemplo: Non estaba permitido o paso polo cruceiro, e tiven que dar volta pola xirola
- Exemplo: Non estaba permitido o paso polo cruceiro, e tiven que dar volta pola xirola
.
- (Arquitectura) Parte máis elevada da cuberta ou tellado, liña onde se xuntan as dúas vertentes.
- Exemplo: Onte remataron de facer o cruceiro da miña casa.
- Exemplo: Onte remataron de facer o cruceiro da miña casa.
- Peza do muíño que permite subir ou baixar o rodicio para obter unha fariña máis ou menos fina.
- Exemplo: Sube o cruceiro un pouco que necesito fariña máis fina para facer a bica.
- Exemplo: Sube o cruceiro un pouco que necesito fariña máis fina para facer a bica.
- Observacións: Aboado unicamente por Eligio Rivas Quintas (Frampas, contribución al diccionario gallego, 2001).
Traducións
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads