defensa

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

defensa
(sg: defensa; pl: defensas)

  1. Acción e efecto de defender ou defenderse.
    • Exemplo: Actuei en lexítima defensa.


  1. Arma, instrumento ou outra cousa con que alguén se defende nun perigo.
    • Exemplo: Usei o meu revólver como defensa.


  1. Acubillo, protección, socorro.
    • Exemplo: Acudín en defensa dos rapaces.


  1. Aquilo que serve para defender.
    • Exemplo: Tiveron que reforzar as defensas de fortaleza. O seu humor é a defensa que ten contra os seus inimigos.


  1. (Medicina) Medio polo que o organismo humano resiste a acción de axentes que tenden a lesionalo.
    • Exemplo: A febre constitúe unha defensa do organismo en caso de infección. A enfermidade deixouno sen defensas.


  1. (Deportes) Liña de xogadores que, en determinados deportes de equipo, se sitúa diante do porteiro.
    • Exemplo: O equipo precisa reforzar a súa defensa, métennos moitos goles


.

  1. (Dereito) Persoa ou persoas que representan e defenden ao acusado nun proceso.
    • Exemplo: A defensa fixo o que poido, pero ao acudado condenárono


.

  1. (Mariña) Obxecto co que se protexen os costados dunha embarcación ao atracar.
    • Exemplo: Hai que botar outra defensa para a proa.


  1. (Zooloxía) Cada un dos elementos cos que algúns aninais se defenden.
    • Exemplo: Os dentes cairos dos elefantes e os cornos dos búfalos, entre outros, son os seus elementos de defensa.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads