dominar

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Verbo transitivo

dominar

  1. Ter dominio ou poder sobre algo ou alguén.
    • Exemplo: O delegado do curso dominaba aos seus compañeiros


.

  1. Ser capaz de que algo faga o que se quere.
    • Exemplo: Meu cuñado non domina ben a moto, e algún día vai ter un accidente


.

  1. Someter algo a control.
    • Exemplo: Pasados tres días os bombeiros aínda non lograron dominar o incendio.


  1. Facer que un sentimento, estado de ánimo, etc., se someta á vontade.
    • Exemplo: Se queres ser un home de ben debes dominar os teus malos impulsos.


  1. Exercer unha influencia determinante sobre alguén.
    • Exemplo: Naquel tumulto o pánico dominábanos.


  1. Ser máis alto que outras cousas ou lugares que están arredor.
    • Exemplo: A torre da igrexa domina toda a parroquia.


  1. (Figurado) Ter un grande coñecemento dunha arte, ciencia, tecnoloxía, etc.
    • Exemplo: Meu neto domina a informática.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads