gardar

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Verbo transitivo

gardar

  1. Procurar que algo ou alguén non sufra dano ou prexuízo.
    • Exemplo: Os arqueiros gardan o castelo. O pastor gardaba as ovellas no prado


.

  1. Poñer algo a salvo ou no lugar correspondente.
    • Exemplo: Meu avó garda os cartos nunha caixa forte


.

  1. Manter alguén algo no seu poder.
    • Exemplo: Aínda gardo as cartas que me escribiu.


  1. Ter oculto.
    • Exemplo: O asunto garda moitos misterios.


  1. Continuar a ter, non perder un sentimento, unha actitude, unha posición etc.
    • Exemplo: Ela, pase o que pase, garda a calma. Espero que non me gardes rancor.


  1. Permanecer durante un certo tempo nun determinado estado ou situación.
    • Exemplo: Debe gardar repouso. Gardar silencio.


  1. Facer aquilo que está prescrito por unha lei, unha relixión, as conveniencias, etc.
    • Exemplo: Sempre garda as normas de circulación.


  1. Conservar algo que pertence a unha persoa ou que está destinado a ela.
    • Exemplo: Pediume que lle gardase a vez.


  1. Non gastar, ou facelo con moita medida.
    • Exemplo: Garda as túas palabras. Garda os cartos, que tes que aforrar.


  1. Deixar algo para máis tarde.
    • Exemplo: Gardou a decisión para outro día.


  1. Conservar algo na memoria con propósitos de vinganza.
    • Exemplo: Este desplante gárdocho.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads