grao

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

grao 1 (sg: grao; pl: graos)

  1. Cada un dos estados, situacións ou valores que pode ter unha cousa en relación de menor a maior ou viceversa.
    • Exemplo: Os distintos graos dunha xerarquía. Un alto grao de risco. A vítima presentaba queimaduras de primeiro grao


.

  1. Lugar na escala da xerarquía militar.
    • Exemplo: Acadou o grao de coronel


.

  1. Proximidade relativa de parentesco.
    • Exemplo: Sonche parentes de segundo grao


.

  1. (Educación) Título que se consegue ao superar determinados niveis de estudos.
    • Exemplo: Grao de doutor. Obtivo o grao en Dereito


.

  1. (Matemáticas) Cada unha das trescentas sesenta partes nas que se dividen a circunferencia e o círculo e coas que se miden arcos e ángulos.
    • Exemplo: Un ángulo de trinta graos


.

  1. (Matemáticas) Expoñente máximo que ten a variable dun polinomio ou a incógnita dunha ecuación.
    • Exemplo: Ecuacións de segundo grao


.

  1. (Física) Cada unha das divisións ou unidades dunha escala que corresponden a un sistema de medida, como o da temperatura ou o alcohol.
    • Exemplo: Unha temperatura de quince graos á sombra.


.

    • Exemplo: O viño ha estar bo, pero fáltanlle graos.


  1. (Lingüística) Cada un dos tres modos en que se expresa a intensidade do adxectivo.
  2. (Xeoloxía) Unidade de medida da intensidade dun sismo.
    • Exemplo: graos Richter. graos Mercalli


.

Termos relacionados

  • de grao en grao
  • en alto grao
  • en grao sumo
  • grao alcohólico
  • grao Celsius
  • grao centígrado
  • grao cero
  • grao comparativo
  • grao da escala
  • grao de forza
  • grao de temperatura
  • grao dunha curva
  • grao Fahrenheit
  • grao Kelvin
  • grao Réaumur
  • grao xeotérmico
  • grao comparativo
  • grao de forza
  • grao de temperatura
  • grao dunha curva
  • grao positivo
  • grao Réaumur
  • grao superlativo
  • grao superlativo absoluto
  • grao superlativo relativo
  • salón de graos
  • terceiro grao
Remove ads

Substantivo

grao 2 (sg: grao; pl: graos)

  1. Voluntade, gusto.
    • Exemplo: De bo grao comería estes pasteis, pero o médico non mo permite


.

Termos relacionados

  • de bo grao
  • de mal grao

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads