moa

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino


singularplural
moamoas
  • Etimoloxía: do latín mola(m), "moa (do muíño)".
  1. (Anatomía) Cada unha das pezas dentarias, situadas na parte posterior da arcada dentaria, cuxa función é tritura-la comida. No home adulto son 20, en número de 5 por hemimandíbula.
    • Sinónimos: molar ou premolar, dente queixal.
    • Termos relacionados: moa do seso, moa do xuízo, moa do cabo, escacha-la moa, regaña-la moa, como se lle sacaran as moas.
    • Observacións: tecnicamente, distínguese entre premolares (2 por hemimandíbula) e molares (3 por hemimandíbula); o último molar de cada arcada é a chamada moa do xuízo.
  2. Peza do muíño, en forma de roda de pedra, que xira sobre o , moendo o gran que cae entre ela e o pé, fixo.
    • Exemplo: Moa parada non gana maquía.


  1. Pedra que serve para afiar coitelos e outras ferramentas de corte.
    • Exemplo: O afiador tivo que deixa-la moa en prenda.


  1. Pedra colocada sobre os pés do hórreo, normalmente circular, para evitar que suban os ratos á cámara do hórreo.
  2. Moega das aves.
  3. (Zooloxía) Ave non voadora pertencente á familia Dinornithidae, extinguida.
  4. (Zooloxía) Peixe de gran tamaño e forma arredondada, non comestible.

Traducións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads