proxectar

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Verbo transitivo

proxectar

  1. Lanzar, dirixir cara a diante ou a distancia algo.
    • Exemplo: Unha máquina proxectaba os discos aos que os tiradores debían disparar.


  1. Reproducir sobre unha pantalla, por medio dun proxector, unha imaxe óptica ampliada de diapositivas, filmes, etc.
    • Exemplo: Esta tarde imos proxectar ante a familia as diapositivas que fixemos na viaxe a Roma.


  1. Facer un proxecto de arquitectura ou enxeñaría.
    • Exemplo: Os arquitectos proxectan edificios. O enxeñeiro de camiños proxectou a nova ponte.


  1. Ter intención de facer algo e pensar en todo o necesario para a súa execución.
    • Exemplo: Había semanas que proxectaba a viaxe.


  1. (Psicoloxía) Atribuír alguén sentimentos, intencións ou estados de ánimo propios a outra persoa.
    • Exemplo: O esposo proxectaba as tensións na súa muller.


  1. (Xeometría) Trazar liñas rectas desde todos os puntos dun sólido ou outra figura, segundo determinadas regras, para obter a súa representación nunha superficie.
    • Exemplo: Proxectaremos a esfera terráquea sobre un folio.


Observacións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads