sumario

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Adxectivo

sumario (ms: sumario; mpl: sumarios; fs: sumaria; fpl: sumarias)

  1. Dito dun comentario ou discurso, ou dunha declaración ou exposición, que son de pouca extensión.
    • Exemplo: Discurso sumario. Exposicións sumarias.


  1. (Dereito) (Xuízo) no que se prescinde de certas formalidades e que, polo tanto, se raliza rapidamente.
    • Exemplo: Foi un xuízo sumario, acabou pronto.


Sinónimos

breve, conciso, sucinto.

Antónimos

extenso.

Remove ads

Substantivo masculino

sumario (sg: sumario; pl: sumarios)

  1. Resumo, esquema, etc., en que se especifican brevemente os puntos ou temas que se van desenvolver posteriormente.
    • Exemplo: Adiantámoslles no sumario deste telexornal as noticias máis relevantes.


  1. Lista das seccións (tomos, partes, capítulos, etc.) dun libro ou unha revista ordenadas segundo a sucesión en que estas aparecen ao longo do documento, indicando o número da páxina correspondente ao inicio de cada unha delas.
    • Exemplo: O sumario ten a finalidade de facilitar a localización da información dada en cada sección.


  1. (Dereito) Fase dun proceso xudicial previa ao xuízo, en que se determinan a existencia, a natureza, as circunstancias, os autores, etc., dun posíbel delito.
    • Exemplo: O xuíz instrutor decretou o segredo do sumario.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads