ton
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
Substantivo masculino
ton (sg: ton; pl: tons)
- (Física) Propiedade dos sons que os caracteriza como máis agudos ou máis graves, en función da súa frecuencia.
- Sinónimos: altura.
- Intensidade dunha voz nun determinado momento.
- Sinónimos: torgo.
- Característica da voz humana, que ten que ver coa súa altura, timbre e intensidade, coas súas modulacións e inflexións, que permite coñecer sentimentos ou distintos significados de quen fala.
- (Música) Intervalo existente entre certas notas dunha escala.
- Termos relacionados: semitón.
- Xeito de expresar algo, como nun escrito ou nunha obra de arte.
- (Física) Propiedade visual das cores que ten que ver coas súas intensidades, máis brillantes ou escuras.
- Sinónimos: tonalidade.
- (Lingüística) Variación fonémica na frecuencia acústica dunha sílaba.
- (Medicina) Estado normal dun organismo animal, ou partes deles, de cumprir as funcións que lles corresponden.
- Estado de vigor e tensión normal.
- Sinal que indica nunha chamada de teléfono que pode producirse unha comunicación.
Termos relacionados
- a ton
- a ton con
- de bo ton
- de mal ton
- fóra de ton
- sen ton nin son
- ton cardíaco
- ton de aviso
- ton muscular
Traducións
Véxase tamén
Remove ads
Substantivo
ton
- (Ictioloxía) Atún.
Substantivo
ton (sg: ton; pl: tons)
Substantivo
ton
- (Ictioloxía) Atún.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads