Accio
Accio é un promontorio ao norte de Acarnania (Grecia), na embocadura do Sinus Ambracius, ao oeste de Anactorion, fronte ao cal libráronse dúas batallas:A primeira no ano -435, na que a frota de Corinto enviada contra Corcira (Corfú) foi completamente destruída. Ese episodio foi unha das causas da Guerra do Peloponeso. A segunda, e máis famosa, o 2 de setembro de -31, foi unha batalla naval na que Octavio Augusto, cuxa frota estaba baixo o mando de Agripa, venceu á da coalición entre Marco Antonio e a raíña Cleopatra de Exipto. Esa batalla puxo fin á guerra civil de Roma e á República romana.
Read article
Nearby Places
Aeroporto de Aktion