Altiplano iraniano
O altiplano iraniano é unha formación xeolóxica localizada no suroeste de Asia, Asia Meridional e a rexión do Cáucaso. É parte da placa eurasiática que se estende entre a placa arábiga e a placa índica, situada entre os montes Zagros, no oeste, o mar Caspio e o Kopet Dag, ao norte, o estreito de Ormuz e o mar Arábigo, ao sur, e o Hindu Kush, ao leste. Neste límite oriental pódense diferenciar do altiplano iraniano os montes Suleiman, os montes Makran e os montes centrais de Afganistán.
Read article