Atlanta
capital de XeorxiaAtlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA, é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes. Como na maior parte do Cinto do Sol, a rexión de Atlanta experimentou un importante crecemento nos anos 2000, xa que engadiu máis dun millón de habitantes entre 2000 e 2008. Este foi o maior crecemento de calquera área estadounidense por detrás do Dallas-Fort Worth Metroplex. Cun ingreso bruto de 270.000 millóns de dólares, a economía de Atlanta está situada no posto número 15 entre as cidades do mundo e no sexto posto nos Estados Unidos.







