Calabria
Calabria é unha rexión da Italia meridional de dous millóns de habitantes, con capital en Catanzaro. Limita ao norte coa Basilicata. É a rexión máis ao sur da Península Itálica, ao suroeste un brazo de mar sepáraa de Sicilia. A rexión forma a punta da "bota" que forma a península. Está bañada ao oeste polo mar Tirreno, ao leste polo mar Xónico, ao nordeste polo golfo de Taranto e ao suroeste está separada de Sicilia polo estreito de Messina. A distancia entre o cabo Peloro en Sicilia e punta Pezzo en Calabria é só de 3,2 km.
Read article