Extramurs
Extramurs é o nome que recibe o distrito número 3 da cidade de Valencia. Limita coa Ciutat Vella polo nordeste, L'Eixample polo sueste, Campanar polo noroeste e l'Olivereta, Patraix e Jesús polo suroeste. A súa poboación censada no 2009 era de 49.940 habitantes segundo o Concello de Valencia. Coñecido como o ensanche pobre fronte ao ensanche rico do distrito de L'Eixample.
Read article



