Map Graph

Lago Chad

lago de África

O lago Chad é un lago endorreico que se atopa situado no límite entre o Chad, Níxer, Nixeria e o Camerún, na África central. A súa capacidade vén diminuíndo co paso do tempo debido, sobre todo, á desertificación provocada pola proximidade do deserto do Sáhara e pola captura de auga para cultivos de irrigación. Segundo a Base de Datos Global de Información de Recursos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, esta reduciuse nun 95% entre 1963 e 1998, pero "unha imaxe de 2007 (satélite) mostra unha mellora significativa en comparación con anos anteriores".

Read article
Ficheiro:Lake_Mega_Chad_Topography.jpg