Micalet
O Micalet, ou Miquelet, é o nome que recibe popularmente o campanario de 58’80 metros da Catedral de Valencia, e é un dos principais símbolos da cidade de Valencia. O seu nome é un diminutivo do da campá principal, Miquel, que coa fonética local derivou a Micalet, nome co que verdadeiramente é coñecida a torre. Durante moitos séculos foi chamado Campanar Nou ou Campanar de la Catedral, para diferencialo do Campanar Vell, unha torre de planta cadrada e de factura románica, situada na rúa da Barcella.
Read article






