Negev
O Negev ou Naqab é un deserto e rexión semi-desértica situado ao sur de Israel. A maior cidade da rexión e capital administrativa é Beersheba, situada ao norte. No seu extremo sur sitúase o Golfo de Aqaba e a cidade resort de Eilat. Contén varias ''cidades de desenvolvemento'' (asentamentos), incluíndo Dimona, Arad e Mitzpe Ramon, así como unha serie de pequenas cidades beduínas, incluíndo Rahat e Tel as-Sabi. Hai tamén varios kibbutz, incluíndo Revivim e Sde Boker; este último foi o lugar de retiro do Primeiro Ministro, David Ben-Gurion, trala súa retirada da política. O deserto é a sede da Universidade Ben-Gurion do Negev.
Read article