Océano Pacífico
maior masa marítima da TerraO océano Pacífico é o corpo de auga maior e máis profundo das divisóns do océano global terrestre. Esténdese desde o océano Ártico no norte ata o océano Austral no sur e está limitado polos continentes de Asia e Australia no oeste e América no leste. Esténdese uns 15.500 km desde o mar de Bering, o norte do Ártico, ata as marxes xeadas da Antártida no sur, alcanzado a súa máxima amplitude E-O aproximadamente a 5 graos de latitude norte, onde se estende por uns 19.800 km, desde Indonesia ata a costa de Colombia. O límite occidental do océano sitúase a miúdo no estreito de Malaca. Cunha área de 179,7 millóns de km² este océano cobre unha terceira parte da superficie terrestre que corresponde a case a metade da superficie e do volume oceánico. O punto de maior profundidade da superficie terrestre, a foxa das Marianas, está situado no Pacífico.