Map Graph

República Democrática do Congo

Estado de África Central, capital Kinshasa

A República Democrática do Congo, tamén coñecida baixo os nomes de Congo Kinshasa e Congo, é un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire. Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa. Está situado na zona dos grandes lagos de África e é o terceiro país maior do continente. Limita coa República Centroafricana e o Sudán polo norte, Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania polo leste, Zambia e Angola polo sur, e a República do Congo polo oeste. Ten acceso ao mar a través dunha estreita franxa de 40 km de costa, seguindo o río Congo até o golfo de Guinea. O nome “Congo” ten a súa orixe nos nativos congo, asentados nas ribeiras do río Nzadi ou Zaire, rebautizado en portugués como río Congo.

Read article
Ficheiro:Flag_of_the_Democratic_Republic_of_the_Congo.svgFicheiro:Coat_of_arms_of_the_Democratic_Republic_of_the_Congo_(black_spear).svgFicheiro:COD_orthographic.svgFicheiro:Joseph_kabila.jpgFicheiro:Provinces_de_la_République_démocratique_du_Congo_-_2005.svgFicheiro:Kongo_people2.jpgFicheiro:Hemba_male_figure1.jpgFicheiro:African_Art,_Yombe_sculpture,_Louvre.jpgFicheiro:Dikembe-Mutombo.jpgFicheiro:Africa_(orthographic_projection).svg