África Oriental italiana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A África Oriental Italiana (en italiano: Africa Orientale Italiana, AOI) foi unha colonia italiana entre os anos 1936 e 1941, situada no corno de África.
Himno | Marcia Reale (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Adís Abeba | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1936 | ||||
Disolución | 1941 | ||||
Moeda | Italian East African lira (en) | ||||
Estaba conformada inicialmente polos territorios do Imperio etíope, recentemente ocupados despois da segunda guerra italo-etíope, e as colonias italianas de Eritrea e a Somalia italiana.
Foi establecida en nome de Vítor Manuel III, rei de Italia, que, a partir de entón, engadiría aos seus títulos o de Emperador de Etiopía.
En agosto de 1940, tras o comezo da segunda guerra mundial, incorporouse tamén o territorio recentemente conquistado da Somalia británica.
Durante a Campaña militar da África Oriental as forzas aliadas, lideradas por Gran Bretaña, lograron derrotar ao Regio Esercito (Real Exército) italiano e conquistaron toda a rexión, co que desaparecía a colonia italiana.