Xenoturbélidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xenoturbélidos (Xenoturbellida) son un filo de animais bilaterais vermiformes, mariños, de posición taxonómica incerta, que comprende unha soa familia, do mesmo nome vulgar galego (cientificamente, Xenoturbellidae), cun único xénero, Xenoturbella, con tan só dúas especies.
Xenoturbélidos Xenoturbellida | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Foron descubertos en 1949,[1] ano en que foron clasificados como turbelarios primitivos e peculiares.
Estudos do seu ADN realizados en 2003 reclasificáronos como primitivos deuteróstomos fóra dos filos previamente coñecidos (Bourlat et al., 2003).[2]
Previamente xa foran relacionados cos moluscos (Noren & Jondelius, 1997),[3] pero obxetouse que o ADN fora contaminado co dos moluscos dos que se alimentaban. (Bourlat et al., 2003).
Estes primeiros resultados foron recentemente corroborados. O xénero considérase agora o único membro do seu propio filo, Xenoturbellida (Haszprunar et al., 1991;[4] Bourlat et al. (2006):[5]).