Aeroporto de Cancún
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Cancún (IATA: CUN, ICAO: MMUN) é un aeroporto localizado en Cancún, na península do Iucatán en México. É o segundo aeroporto máis concorrido do país tras o aeroporto da Cidade de México, pero é o máis grande en termos de pasaxeiros internacionais.[1] No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 21 415 795 pasaxeiros, un 9,28% máis que en 2015.[2]
Datos rápidos Aeropuerto Internacional de Cancún, IATA: CUN – ICAO: MMUN ...
Aeroporto de Cancún Aeropuerto Internacional de Cancún | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Grupo Aeroportuario del Sureste | ||
Localización | Cancún | ||
Elevación (msnm) | 6 metros / 20 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | Aeroporto Internacional de Cancún | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12R/30L | 3 500 | 11 483 | asfalto |
12L/30R | 2 800 | 9 186 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 21 415 795 | ||
Pechar
Ten dúas pistas de aterraxe operativas paralelas que se poden usar simultaneamente. O aeroporto inaugurouse oficialmente no ano 1974.[3] Está operado polo Grupo Aeroportuario del Sureste (ASUR). É unha cidade focal para Aeroméxico, Interjet, VivaAerobus e Volaris, e ofrece voos a 21 destinos en México e a máis de 30 países en América e Europa.